Presentacion feita polo alumnado de 5º nivel do CEP Pilar Maestú Sierra de A Pobra do Caramiñal, como traballo previo á visita dunha exposición dobre dinosauros en Pontevedra.
O alumnado de 5º elaborou a seguinte presentación buscando información na galipedia. Coa mesma tamén se fixo un libro, que pasa a engrosar os fondos da nosa biblioteca.
O alumnado de 5º nivel procurou información sobre distintos científicos e científicas. Cada alumna/a buscou a información na galipedia dunha científica/o, elaborando unha diapositiva. Con todas fíxose unha presentación. As diapositivas expuxéronse nos corredores do centro.
Tras a lectura dun libro da bilioteca sobre Arquímides, unha alumna de 5º curso, Iria L. Nimo, elaborou un resumo dos feitos máis salientables sobre a vida e o descubrimento do principio deste grande matemático e inventor. A partires dese resumo elaborouse un mural.
Este é o blog da Biblioteca Avilés de Taramancos, no CEP PILAR MAESTÚ SIERRA, de A Pobra do Caramiñal. Coa posta en marcha deste blog tentamos dar a coñecer as iniciativas que levamos a cabo para propiciar no noso alumnado un maior hábito e comprensión lectora, así como dotalos de estratexias que lle permitan ser autónomos na procura de información.
Se atopades algo que non debera de estar (por dereitos de autor, imaxes,...), facédenolo saber e quitarase axiña.