sábado, 30 de marzo de 2013

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

A semana do 18 ao 22 de marzo, dedicouse á realización do Proxecto Documental Integrado. Os distintos ciclos foron realizando actividades diversas en torno ao proxecto deste curso: Libros do monte. Un monte de libros.
Buscar distintas árbores e o significado que tiñan para os antigos celtas, confeccionando un mural. Realización dun libro de pegadas de animais (1º ciclo).
Lectura dun libro sobre o castiñeiro; saída a un castiñeiro próximo; debuxar animais (2º ciclo)
Saída a coñecer distintas árbores, arbustos e plantas; elaboración de acrósticos e poemas, inspirándose na natureza; deporte no monte; sombras chinesas de animais (3º ciclo)
Aquí podedes ver algunhas fotos do alumnado do 2º e 3º ciclo nas saídas realizadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario